Cómo comenzamos

En 1987 Salvador Cores remata os estudios de formación profesional en electricidade e dase de alta en Industrias con carnet de instalador electricista PO-404.

Logo, comeza a facer pequenas instalacións eléctricas en base aos mesmos argumentos que ainda hoxe definen a empresa: seriedade, atención personalizada a cada cliente, traballo, utilización de materiais de máxima calidade, reducción de costes e aforro enerxético.

Seguidamente, coa rápida incorporación de Xocas Cores como socio e a colaboración de empregados altamente formados, a empresa experimenta un crecemento paulatino ata cumprir as espectativas para a que foi creada. Hoxe en día está formada por 16 persoas das cales un 90% ten contrato fixo. A maioría delas levan máis de 15 anos formando parte deste proxecto empresarial.



Ónde estamos

Moi cerca.

As nosas oficinas centrais, xunto co taller atópanse nun moderno local de 300 metros cuadrados totalmente equipado para poder ofrecer a calidade e servizo que hoxe se esixe os nosos clientes.

Ademais tamén contamos, todos eles propios, con outros 2 locais para almacenaxe e garaxe nas rúas Pombal 52 y Sevilla de Cambados.
Qué nos diferenza

- Como en tódolos sectores a competencia sempre está presente, por iso tratamos de fidelizar ós clientes co noso "savoir faire" e según análisis externos somos recoñecidos pola nosa rapidez nas respostas ás avarías, as solucións plantexadas para as instalacións, a forma e limpeza nos nosos traballos e a calidade técnica e humana dos nosos empregados.

- O primeiro contacto co cliente sempre é personalizado por Xocas Cores ou Salvador dándolle a cada cliente a importancia que se espera e merece independentemente do volumen da obra a realizar.

- A rapidez de resposta os avisos de averías e prácticamente inmediata, calculando a media anual en 1 hora máximo.

- Os nosos cliente coñecen personalmente a cada empregado pois tratamos sempre de enviar o mesmo operario para cada cliente / instalación.

- Servicio 24 horas incluso en festivos tendo os nosos clientes o teléfono móbil e particular dos responsables directos da empresa Xocas e Salvador.

- Ferramentas de última xeración técnica.

- Facilidade de xestión coa Consellería de Industrias, Fenosa e resto de administracións para todo tipo de autorizacións.

- Amplio stock de materiais no noso almacén.
Qué vendemos

Actualmente cubrimos tódalas necesidades eléctricas e accesorios para todo tipo de industrias e clientes particulares.

- Instalacións eléctricas en xeral.
- Instalaciones electromecánicas e neumática.
- Reparaciós de todo tipo de maquinaria.
- Autómatas e progamación, domótica.
- Videoporteiros e intercomunicación.
- Videovixiancia
- Iluminación en xeral.
- Calefacción por acumulación e emisores técnicos.
- Música e son ambiental.
- Variadores de frecuencia, control de motores.
- Enerxías renovables.
- Transformaciones e alimentación en media tensión.
- Instalación de ICT-Voz e datos - telecomunicación.
- Ventilación e extracción.
- Antenas de televisión - TDT.
- Proxectos eléctricos (enxeñería).
- Mantemento industrial.
- Venta de material eléctrico.
Divisións dentro da empresa

Detrás do noso traballo hai persoas con distintas responsabilidades:

Salvador Cores: Administrador - Xerente.

Xocas Cores: Planificación, dirección e presupostos. Responsable comercial e asesoramento técnico.

Adrían Cores: Enxeñería e diseños.

Irene Cacabelos: Facturación, xestións ca administración, permisos industriais e responsable económica.

Ana Lidia Martínez: Administración, facturación, xestorías e atención telefónica.

Servizo técnico Bucher-Vaslin: 3 operarios.

Servizo técnico embotelladoras e máquinaria de adegas: 2 operarios.

Servizo técnico termos e emisores elécticos: 3 operarios.

Servizo técnico maquinarias depuradoras de mariscos e piscifactorías: 3 operarios.

Reparación de maquinaria diversa e electricidade: 8 operarios.



Estrutura empresarial

16 persoas entre administradores e técnicos (90% contratos fijos).
8 Vehículos Furgonetas.
2 motos.
1 Nave taller - oficinas.
2 Naves almacén.
Amplio stock de materiais.
8 Liñas telefónicas (fixo, móbiles, fax).
4 Correos electrónicos y 1 páxina web www.salvadorcores.com
1 Plan de formación anual para empregados.
1 Plan de prevención de riscos laborais. (Asistencia a todas as feiras e cursos de formación existentes para os nosos sectores. Madrid, Zaragoza, Bordeaux, Milán, Montpellier, Lisboa... )



Asociacións

- Instalectra: Asociación de instaladores electricistas e de comunicación na provincia de Pontevedra
Salvador Cores é actualmente delegado directivo da zona de Arousa

- Socios de Cambados Zona Centro: asociación que representa os comerciantes de Cambados

- Socios da Cámara de Comercio: Salvador Cores foi vocal dende 2007 ata 2010 en representación da asociación de empresarios.



Servizo técnico oficial

- Bucher Vaslin (Maquinaria de transformación en adegas de viño, prensas, filtros, bombas... )

- Alfa-laval

- Maquinaria de adegas de viño e accesorios INOX

- Thermor (Termos eléctricos)

- Atlántic (Calefacción por emisores térmicos)

- Talleres Salvador Galimany S.L. (Tren de embotellado)

- Bucher Vaslin MS. (Bombas, cintas, despalilladoras y adegas de viño).